Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.907

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 5 de xullo de 2000, da Dirección Xeral da División de Recursos Humanos, polo que se fai pública a relación definitiva de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para a cobertura temporal de vintecatro prazas nas unidades periféricas de prevención de riscos laborais e saúde laboral do persoal de institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, así como o calendario coas datas de realización da entrevista persoal nas distintas localidades.

As devanditas relacions serán expostas na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios das xerencias das institucións sanitarias do Sergas, da Secretaría Xeral do Sergas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, das delegacións provinciais do devandito organismo, das direccións provinciais do Sergas e da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos