Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.907

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO CONSULTIVO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2000 pola que se nomea letrado do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

Convocada oposición para o acceso ó corpo de letrados do Concello Consultivo de Galicia pola Resolución do 12 de febreiro de 1999 do presidente do dito organismo (DOG nº 42, do 2 de marzo), unha vez resolto e elevada a definitiva a proposta do tribunal avaliador da oposición por acordo do 21 de xuño de 2000, (DOG nº 127, do 30 de xuño) cómpre proceder ó nomeamento do seleccionado de acordo coa base X da convocatoria da oposición, polo que esta Presidencia:

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear letrado do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia a Pablo José López Paz, con DNI nº 33.316.441.

Segundo.-A toma de posesión do nomeado efectuarase no prazo dun mes a partir da publicación deste nomeamento.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2000.

José Antonio García Caridad

Presidente do Consello Consultivo de Galicia