Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 14 de xullo de 2000 Páx. 10.906

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se rectifican erros na do 8 de xuño de 2000 pola que se convocaba concurso de traslados de prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Advertidos erros na publicación da Resolución do 8 de xuño de 2000 (DOG nº 119, do martes 20 de xuño), pola que se convocaban a concurso de traslado prazas vacantes de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza ó incluír nas prazas ofertadas dos xulgados de paz para os corpos de oficiais e auxiliares a preferencia de informática rectifícanse no senso seguinte:

Na páxina 9.603 no Anexo I-Oficiais, onde di: «Xdo. de Paz-Narón (A Coruña), Xdo. de Paz-Baiona

(Pontevedra) e Xdo. de Paz-Nigrán (Pontevedra), na columna Preferencias Informática: si», debe dicir: «Preferencias Informática: non».

Na páxina 9.604 no cadro de Auxiliares, onde di: «Xdo. de Paz de Moaña (Pontevedra) na columna Preferencias Informática: si», debe dicir: «Preferencias Informática: non».

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

José-Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local