Publicada/s a/s resolución/s da Dirección Xeral da Función Pública pola/s que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 23 (mestre/a gaiteiro/a), do grupo IV e as categorías 2 (axudante de traballos ou oficios e outros) e 3 (ordenanza e outros) do grupo V (lista B), e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión celebrada o día 28 de xuño de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías
citadas con anterioridade, da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da/s categoría/s citadas anteriormente, quedarán sen efecto as listas da/s dita/s categoría/s elaboradas con anterioridade á Resolución do 30 e xuño da Dirección Xeral da Función Pública tal e como se establece na base 6ª desta.
Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública