Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na sesión do día 1-12-1999, o Plan parcial para o desenvolvemento do solo apto para urbanizar N-04, Salceda-1 Industrial (SAU.04), promovido polo Concello de Salceda de Caselas, levadas a cabo modificacións conforme o informe emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo o 27-1-2000 (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda), as cales foron aprobadas polo Pleno deste Concello, na sesión do vinteoito de xuño de dous mil, sométese novamente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de acordo co artigo 42, punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia; durante o dito prazo poderá ser examinado polos interesados na secretaría do con

cello, en horario de oficina, para formula-las alegacións ou observacións que consideran pertinentes. En Salceda de Caselas, 30 de xuño de 2000.

José M. Fernández Rodríguez

Alcalde