Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.883

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, na sesión que tivo lugar o día 30 de xuño do ano en curso, aprobou a seguinte oferta de emprego público para o actual exercicio:

Oferta de emprego público para 2000.

Provincia: Lugo.

Corporación: Concello da Pastoriza. Número de código territorial: 27044.

Funcionario de carreira.

Escala: Administración xeral.

Subescala: administrativa.

Grupo: C.

Nivel de titulación: bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente.

Denominación do posto: administrativo de Administración xeral.

Número de vacantes: unha.

Pastoriza, 4 de xullo de 2000.

José Yañez García

Alcalde