Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dun servicio para o desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias (S-247/2000).

1. Obxecto e orzamento: contratación dun servicio para o desenvolvemento do módulo de mantemento de explotacións das entidades sanitarias, por un importe máximo de once millóns novecentas vinte mil pesetas (11.920.000 ptas., IVE incluído), equivalentes a 71.640,64 euros.

2. Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica: ver punto 17 da carauta do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Prazo de execución: desde a súa sinatura ata o 31-12-2000.

4. Documentos de interese para os licitadores: prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

5. Garantías: no se requiren.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da carauta do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais-Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado

a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos