Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 14 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso ordinario, expediente sancionador 15-140/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso de alzada do expediente 15-140/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o presidente do Instituto Galego de Consumo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, entendéndose desestimado polo transcurso dun mes sen que se dicte e notifique a resolución do recurso, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses contados a partir do seguinte día ó da notificación desta resolución.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela, no seguinte prazo:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, dende a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-140/1999.

Denunciado: José Manuel Rebollo Capillas

Domicilio: Avenida das Conchiñas nº 1, A Coruña.

Sanción e motivos: 50.000 pesetas por deficiente prestación dun servicio.

Data da resolución: 31-3-2000.

A Coruña, 14 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña