Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Aquilino Sánchez.
Situación: O Carballiño.
Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 290 m derivada desde a liña subterránea ó C.T. Pardo Bazán e remata no C.T. Flores, proxectado con 400 kVA, 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 13 de xuño de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense