Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/60-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., r/ Río Mao (SU-38, zona 4).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea, de 265 m, en conductor R.H.V.-12/20 kV, derivada desde o C.T. el 21 e remata na liña subterránea existente ó C.T. r/ 94-Río Mao, pasando polo C.T. proxectado no baixo do bloque 5 da r/ Río Mao, con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión subterránea derivada do C.T. na r/ Río Mao.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense