Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/82-3 A.T.).

Instalación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sobreira-Arbor.

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 12 de xullo de 2000, na Casa do Concello de Vilamarín, de 13 a 14 horas.

Por resolución desta delegación provincial do 6 de abril de 2000, foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para

os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF,

RESOLVO:

Convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados na casa do concello onde están os predios, no día e horas indicados no encabezamento, para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se fará consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no DOG do 17 de novembro, no BOP de Ourense do 10 de novembro e no xornal La Región do 3-11-1999, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello de Vilamarín, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o estiman oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e un notario, á súa custa.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento de actas previas os interesados poderán formular alegacións perante este organismo expropiante para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se padeceran ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 12 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense