Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 13 de xullo de 2000 Páx. 10.864

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/76-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continucación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Curuxeiras-Parada.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 400 m de lonxitude, con conductor tipo tipo LA-56,

sobre apoios de formigón, desde o apoio 9 da L.M.T. Frieira-A Cañiza ata o C.T. que se proxecta en Curuxeiras, concello da Cañiza. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 620 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, non se presentaron alegacións no prazo regulamentariamente establecido.

Cumpridos-los trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran neste e as condicións técnicas e de seguridade establecidas no regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o concelleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 31 de maio de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra