Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.824

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO de convocatoria pública e bases dos postos vacantes que se citan.

1. Director/a de consultoría. Ref.: DCO.

Será o/a responsable da planificación, coordinación e calidade dos proxectos eleborados, así como das relacións externas da Área de Consultoría Sanitaria.

Titulación universitaria superior, valorándose a formación posgrao, principalmente en administración de empresas.

Coñecementos de inglés, polo menos a nivel de traducción técnica. Coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario.

Capacidade de liderado e xestión de equipos, habilidade para a negociación, orientación ó cliente, perspectiva estratéxica.

Experiencia mínima de cinco anos en postos de responsabilidade dentro do sector sanitario ou empresas relacionadas.

Procedemento de selección: baremo do currículo (65%) e entrevista persoal (35%).

1. Consultor/a senior en electromedicina e diagnóstico por imaxe. Ref.: CSECO.

Será responsable do asesoramento na adquisición de equipamento electromédico, mobiliario clínico-asistencial e de oficina, así como na xestión do mantemento dos equipos.

Titulación universitaria superior, preferentemente en Enxeñería ou Ciencias.

Coñecemento de inglés, polo menos a nivel de traducción técnica. Coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario.

Experiencia mínima de máis de dous anos en mantemento de equipos electromédicos en institucións hospitalarias, xestión de compras de equipos electromédicos e/ou realización de pregos e informes técnicos.

Experiencia en empresas consultoras de xestión sanitaria públicas ou privadas.

Procedemento de selección: baremo do currículo (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

1. Consultor/a senior en planificación, xestión e organización. Ref.: CSPLCO.

Será o/a responsable da elaboración dos plans funcionais e de empresa, dos estudios de viabilidade e de situación de servicios/unidades asistenciais.

Titulación universitaria superior, valorándose a formación posgrao.

Coñecementos de inglés, polo menos a nivel de traducción técnica. Coñecementos de informática, como mínimo a nivel usuario.

Experiencia mínima de máis de dous anos en empresas consultoras de xestión sanitaria públicas ou privadas.

Procedemento de selección: baremo do currículo (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

1. Técnico en equipamento. Ref.: TEQ/0700.

Será o encargado/a do mantemento integral de instalacións e equipamento electromédico, con responsabilidade directa no mantemento preventivo e correctivo derivado dos equipos de alta tecnoloxía.

Titulación superior homologada, preferentemente en Ciencias ou Enxeñería, valorándose a formación relacionada ca área da Electromedicina (indicar data, duración, nome e entidade organizadora).

Terase en conta estar en posesión do título de técnico superior en Prevención de Riscos Laborais (especialidade de Seguridade no Traballo).

Experiencia mínima de dous anos no sector da Electromedicina como técnico de Mantemento/Equipamento en empresas do sector e/ou institucións públicas ou privadas, valorándose especialmente a experiencia nas áreas de Radioloxía (Diagnóstico por Imaxe), Radioterapia e Medicina Nuclear.

Procedemento de selección: baremo do currículo (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

1. Médico especialista en cirurxía cardíaca. Ref.: MEC/0700.

Título homologado de licenciado en Medicina e Cirurxía, coa especialidade en Cirurxía Cardiovascular.

Experiencia en cirurxía de homoinxertos valvulares, asistencia circulatoria, cirurxía minimamente invasiva sin CEC e/ou Heart Port.

Procedemento de selección: baremo do currículo (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes: os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículo, indicando a referencia que se indique segundo o posto dirixido ó Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A., Praza de Europa 5A, 6º B (15703 Santiago de Compostela), no prazo improrrogable dun mes natural contado desde o día seguinte da publicación do presente anuncio. Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Inicio das probas: as probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica, S.A.