Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de instalacións de remo e piragüismo incluídas no Plan 2000-Deportes da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 11327 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: determinación do tipo de bens para a adxudicación da subministración e instalación de equipamento de instalacións de remo e piragüismo incluídas no Plan 2000-Deportes da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: municipios da provincia da Coruña.

Prazo de vixencia do contrato: dous anos.

Prazo de entrega dos bens específicos: dous meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: por tratarse dun concurso de determinación de tipo, non se fixa a priori un orzamento de licitación. Non obstante, os prezos unitarios son os que figuran nas especificacións técnicas incorporadas ó prego, e que supoñen o tipo máximo de licitación, que poderá ser obxecto de baixa por parte dos licitadores.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva:

Do contrato de determinación de tipo: 4% do cuádruplo do prezo unitario de licitación de cada ben tipo adxudicado.

De cada contrato de subministracións específicas: 4% sobre do prezo de adxudicación de cada un dos bens adxudicados.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña, teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de xuño de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña