Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-336).

Por Resolución desta alcaldía 3.024/2000 do 13 de xuño de 2000 acordouse o seguinte:

1. Comunicar a tódolos propietarios afectados polo expediente de reparcelación do polígono II do Plan parcial denominado As Galeras, o cadro que se xunta no que figuran as superficies, que de conformidade cos criterios expostos no corpo da presente resolución, servirán de base para elabora-la nova adxudicación de beneficios e cargas (que será posteriormente obxecto de nova exposición ó público), para o efecto de que no prazo de 15 días efectúen as alegacións que estimen convenientes respecto da citada atribución de superficies achegadas, que se efectuou tralo período inicial de exposición ó público, no entendemento de que cando se redacte o texto refundidio do proxecto de reparcelación, non serán tidas en conta alegacións ningunhas respecto das superficies achegada e estas deberán versar unicamente respecto da atribución de aproveitamentos e cargas que realice.

2. Comunicar igualmente ós titulares, que a realidade física dos seus predios prevalece sobre os títulos se esta é fidedignamente acreditada de conformidade co criterio expresado no corpo da presente resolución.

3. Lembrar tamén a aqueles propietarios que aínda achegaran os seus títulos, o teor literal do artigo 103.1º e 2º do Regulamento de xestión: «103.1º os propietarios e titulares de dereitos afectados pola reparcelación están obrigados a exhibi-los títulos que posúan e declara-las situacións xurídicas que coñezan e afecten ós seus predios». «103.2º a omisión, erro ou falsidade nestas declaracións non poderá afectar ó resultado obxectivo da reparcelación. Se se apreciase dolo ou neglixencia grave, poderá esixirse a responsabilidade civil ou penal que corresponda».

Oleiros, 15 de xuño de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta