Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Por así acordalo o Pleno da Corporación na sesión do día 16 de xuño do ano actual e co obxecto de dar cumprimento ó establecido no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas modificada pola Lei 53/1999. Anúnciase concurso por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación da obra denominada: Centro Cívico 2ª fase, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2000 conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: a contratación da obra de construcción Centro Cívico 2ª fase segundo se especifica a continuación mediante concurso con procedemento aberto e trámite de urxencia:

AnualidadePlan 2000Achega municipalTotal anualidade

200048.675.00028.010.000 76.685.000

200129.206.19040.000.000 69.206.190

Orzamento total 145.891.190

2. Prazo de execución: 20 meses.

3. Tipo de licitación: 145.891.190 ptas.

4. Pagamento: con cargo á partida orzamentaria seguinte:

ExercicioPartidaCrédito autorizado

20002000.451.62276.685.000

20012001.451.62269.206.190

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación, 2.917.924 ptas.

6. Garantía definitiva: 4% do tipo de licitación, 5.835.647 ptas.

7. Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 1 a 9, categoría D.

8. Presentación de proposición: trece días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP e DOG, por declararse de urxencia o expediente, mediante acordo do Pleno da Corporación de data 16-6-2000.

9. Apertura de proposicións: o terceiro día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións salvo que coindida en sábado; neste caso realizarase o día hábil seguinte ás 13 horas.

10. Modelo de proposición:

Segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas aprobadas pola deputación e publicadas no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000.

Malpica de Bergantiños, 26 de xuño de 2000.

José R. Varela Rey

Alcalde