Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 2/2000 DXI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 2/2000 DXI.

Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: a realización dun censo na Comunidade Autónoma de Galicia das empresas afectadas polo Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes ós accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG do 3 de abril de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: dez millóns de pesetas (10.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Adxudicación.

Data: 14 de xuño de 2000.

Adxudicatario: Técnicas de Seguridad y Mantenimiento, S.L. (Tesma).

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: nove millóns corenta e dúas mil duascentas pesetas (9.042.200 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio