Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: C.T. Illa Nova e R.B.T. para edificio en paseo Colón.
Situación: Foz.
Descricións técnicas: centro de transformación de Illa Nova de 630 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña subterránea en conductor R.V. de 120 m de lonxitude de baixa tensión.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega-
cións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 3 de maio de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo