Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/89-2, 5427 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reforma de C.T.C. de Santalla.

Situación: Riotorto.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 20 kV en conductor LA-56 de 20 m de lonxitude. Liña de media tensión subterránea a C.T. de Santalla en conductor R.H.V. de 8 m de lonxitude. Liña de baixa tensión con orixe no C.T.C. Santalla en conductor R.Z. de 100 m de lonxitude sobre apoios de formigón. Reforma de C.T. existe.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo