Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.806

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva, da contratación polo sistema de concurso público aberto, do lote número 1 e número 2 da subministración dun sistema informático de arquivo documental de prensa, fotografía e edición de vídeo.

En virtude do Decreto 350/1997, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créase a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos. O Decreto 13/1999, do 8 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da secretaría xeral. De acordo co artigo 72.4º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, ad sensum do artigo 13 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a Orde do 22 de febreiro de 1999, sobre delegación de atribucións no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Por Resolución do 28 de abril de 2000, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, foi convocada a contratación polo sistema de concurso público aberto, de subministración dun sistema de arquivo documental de prensa, fotografía e edición de vídeo, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 90, o día 11 de maio de 2000.

De conformidade cos artigos 82 e 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e o punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 74, 75, e 209 da Lei 13/1995, do 18 de maio e os puntos 7 e 10 do prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato, esta secretaría xeral, resolveu adxudica-la citada contratación do lote nº 1 á empresa Coremain, S.L. por un importe IVE incluído de 5.800.000 pesetas (34.858,70 euros) e do lote nº 2 á empresa Spica, S.L. por un importe IVE incluído de 3.255.240 ptas. (19.564,39 euros).

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurí

dico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a presente resolución, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 y 177 da Lei 4/1999, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública