Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 12 de xullo de 2000 Páx. 10.805

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (77/2000).

María-Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia (A Coruña), fai saber:

Que nos autos de expediente de dominio número 77/2000, seguidos neste xulgado por instancia do procurador Francisco Salmonte Rosendo en nome e representación de María Josefa Gómez, contra Ministerio Fiscal, Antonio Liñayo Freire, José Freire Liñayo, Construciones Liñayo, S.L. e persoas ignoradas, por inmatriculación do seguinte predio.

Vivenda sita no piso 4º A do edificio Lomba, sito no lugar da Carcasia, Noia, inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 782, libro 174, predio nº 12.783.

Por providencia desta data admitiuse a trámite o expediente, acordándose empraza-las persoas ignoradas para que, no prazo de dez días, poidan comparecer ante este xuzgado para alega-lo que ó seu dereito conveña.

E para que conste e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e Concello de Noia, Diario Oficial de Galicia, e o xornal La Voz de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o dous de xuño de dous mil, dou fe.

A xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado