Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO de citación para práctica de notificación.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, por este anuncio faise saber que, intentándose a notificación ós interesados ou ós seus representantes sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio deste anuncio ponse de manifesto que se atopan pendentes de practica-las seguintes nitificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constriximento.

-Órgano responsable da súa tramitación; órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, comparecerán co obxecto de que se practique a notificación pendente, no plazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres,

das 9 ás 14 horas, na Unidade de Recadación de calquera das oficinas da Axencia Estatal da Administración Tributaria nesta provincia, sitas en:

-Don Benito: Alonso Martín, 16.

-Mérida: praza de Santa María, 5.

-Zafra: Avda. Antonio Chacón, s/n.

-Badajoz: paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados por este anuncio non comparezan por si ou polos seus representantes debidamente acreditados, no prazo fixado con anterioridade, entenderanse notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badajoz, 28 de maio de 2000.

Ana Mª Fdez.-Daza Álvarez

Xefa adxunta da Dependencia de Recadación

Datos do contribuínte:

08619287Z

Pajuelo Gallardo, Juan

R/ Fuente, 1

Campanario