Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO de citación para notificación por comparecencia (referencia 00.2.2.08.003).

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei Xeral Tributaria segundo redacción dada pola Lei 66/1997, de 30 de decembro (BOE do 31), o xefe da dependencia provincial de recadación de

Barcelona da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ser posible, por causas non imputables á Administración Tributaria, realiza-las notificación ós interesados ou os seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e intentándose as mesmas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, son citados, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na unidade de recadación para débedas de menor contía da Dependencia Provincial de Recadación da AEAT en Barcelona, situada no Passeig de Josep Carner, 33 planta baixa, de Barcelona, para poder ser notificados regulamentariamente.

No caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento do mesmo.

Barcelona, 5 de abril de 2000.

J. Ignacio Mora Artiga

Xefe da Dependencia Provincial de Recadación

Relación que se cita: 13-3-2000.

Administración da Coruña.

Nome: Lorenzo Torres, Juan Carlos.

NIF: 43.413.305-T.

Procedemento: inicio procedemento de constrinximento.

Referencia: K1610199060888352.

Unidade: unidade Rec. menor contía.

Lugar de comparecencia: PS Josep Carner 33, planta baixa, Barcelona