Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de compensación do Plan parcial de Sa, SUP 7.

O Pleno do Concello da Guarda, en sesión ordinaria do día vinteseis de maio do ano dous mil, entre outros acordos tomou o seguinte:

Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do Plan parcial de Sa SUP 7, determinándose que a formalización deste proxecto de compensación se efectúe en documento administrativo coas solemnidades e requisitos dispostos para as actas dos acordos deste concello co contido legalmente esixido, ou ben mediante escritura pública se asi o prefire a xunta de compensación e por conta dela. En calquera caso, o documento no que se formalice será inscrito no Rexistro da Propiedade, logo da súa protocolización notarial, sendo ámbalas dúas obrigas por conta da xunta.

Publica-lo presente acto administrativo no taboleiro de edictos da casa do concello e no Diario Oficial de Galicia e notificarllo individualizadamente ós interesados con comunicación de testemuño del, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Contra o devandito acordo, de carácter definitivo na vía administrativa, poderán interpo-los seguintes recursos:

-Potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes desde a data de publicación da presente resolución, no suposto de interpor recurso de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa.

-O contencioso-administrativo pode presentarse directamente, ante a correspondente sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ou ante o xulgado do contencioso nos supostos previstos no artigo 8 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo.

-Calquera outro que se estime procedente interpoñer.

A Guarda, 13 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado