Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 134 do Reglamento de planeamento, procédese a publicación do seguinte acordo adoptado polo Concello Pleno en sesión do 31 de maio do 2000:

3º. Dictame da comisión informativa de Urbanismo e Medio Ambiente relativo á aprobación definitiva do Plan especial de protección e reforma interior da zona vella (PEPRI).

O Concello Pleno, de conformidade co dictame emitido e coa proposta formulada, acorda:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan especial denominado de protección e reforma interior da zona vella de Cangas, nos mesmos termos nos que foi remitido á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, para os efectos do informe previo á aprobación definitiva e incorporando ó expediente, en virtude das observacións indicadas en tal informe, a documentación que neste sentido presentou o equipo redactor así como o convenio urbanístico formalizado polo alcalde, polo que, se desenvolve urbanisticamente a parcela na que se sitúa o cine Calvar, previndo para a futura edificación que se levante sobre tal parcela un posible uso de servicios administrativos ademais do comercial e cultural xa previstos.

Segundo.-Publicar no Diario Oficial de Galicia e no BOP o presente acordo con indicación dos recursos procedentes contra este, debendo, así mesmo, publicarse integramente as ordenanzas do plan.

Terceiro.-Dar traslado á CPTOPV dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos plans e documentos que integran o plan, nos que deberá constar dilixencia do secretario do concello, facendo consta-la aprobación recaída.

Recursos procedentes. Contra o presente acto que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o dicta, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a esta notificación, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses, contados de maneira idéntica, se prexuízo de que os

interesados poidan exercer calquera outro recurso que estimen procedente.

O recurso contencioso-administrativo non se poderá interpoñer ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición que, se é o caso, se interpuxera.

No suposto de interposición do recurso potestativo de reposición, este entenderase desestimado se no prazo dun mes, computado desde o día seguinte a tal interposición, o órgano competente para resolvelo non dictara e notificara resolución expresa.

Contra a desestimación presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado antes mencionado no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que, de conformidade co anterior, se produza o acto presunto.

Cangas, 7 de xuño de 2000.

José E. Sotelo Villar

Alcalde