Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2000 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público aberto, dos servicios de difusión e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dos servicios de difusión e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 6/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Concurso público para a contratación de servicios de difusión e publicidade dos programas e actividades do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), desagregado nos seguintes lotes:

Lote 1: difusión das ferramentas de carácter financeiro do Igape.

Lote 2: difusión das actividades do Igape en materia de investigación, desenvolvemento e innovación empresarial.

Lote 3: difusión das actividades de apoio á iniciativa emprendedora.

Lote 4: difusión das ferramentas de información empresarial e das accións estratéxicas do Igape.

b) Prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 46.426.688 ptas. (IVE incluído), coa seguinte desagregación por lotes e anualidades:

Anualidade 2000Anualidade 2001

Lote 1: 12.000.00012.000.000

Lote 2: 6.426.688 3.426.688 3.000.000

Lote 3: 15.000.00013.000.000 2.000.000

Lote 4: 13.000.000 9.000.000 4.000.000

Total: 46.426.68837.426.688 9.000.000

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se licite.

6. Clasificación: cando se licite a varios lotes e os seus orzamentos sumados ascendan a cantidade igual ou maior de 20.000.000 de ptas., esixirase clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3, categoría B (cando os orzamentos sumados dos lotes excedan de 25 millóns de ptas.) ou categoría A (cando os orzamentos sumados dos lotes non excedan de 25.000.000 de ptas.).

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 17 de agosto de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense sobre bosquexos ou soportes ofertados, e sobre planificación de medios.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do día 28 de agosto de 2000 procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11 horas do día 1 de setembro de 2000 procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica