Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 8 de maio de 2000 pola que se lle notifica a Andrés Suárez Loureiro a resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda, expediente C 136CD63, conta 8195.

Advertidos erros na devandita cédula publicada no DOG nº 108, do luns 5 de xuño de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 8.641 onde di: «resolución de pleno dereito do contrato da súa vivenda» e «pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario», debe dicir: «resolución de pleno dereito do contrato do local comercial do que é adxudicatario».