Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 19 de xuño de 2000 de notificación da resolución do expediente sancionador DH.D15.10464.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia se dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e se lle comunica que o seu texto íntegro, xunto co resto

das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, estación de autobuses, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, a contar desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2000.

P.A.

José A. Someso Anguita

Xefe da Unidade de Xestión de Ingresos

ANEXO

Expediente número: DH.D15.10464.

Persoa interesada: Ramón Abelenda Cancela.

Domicilio que consta no expediente: Sta. Eulalia de Castro, Coristanco (A Coruña).

Preceptos infrinxidos: artigo 315 d) do Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH).

Sanción imposta: prescrición da infracción.

Concédeselle ó interesado un prazo de dous (2) meses, contados a partir desta publicación, para que repoña as cousas ó seu estado primitivo, demolendo ó seu cargo as obras e instalacións realizadas ilegalmente, e retira-los materiais empregados dos terreos de dominio público hidráulico.

Advertirlle ó interesado que de non cumpri-lo ordenado no antedito prazo, se procederá pola Administración á execución e aplicación de multas coercitivas previstas no artigo 111 de la Lei de augas, no 324 do RDPH, en relación co artigo 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

No suposto de ser legalizables as obras, esta orde quedará en suspenso se o interesado solicita no prazo indicado a legalización destas, acordándose o pertinente no expediente que para tal fin se incoe.

A indemnización de danos e perdas causados ó dominio público hidráulico é de oitenta e tres mil cincocentas sesenta e tres pesetas (83.563 ptas.), e executaranse de acordo coas normas da lei.