Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de xuño de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Deiro VI.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Deiro VI, e da concesión administrativa que o ampara resulta:

A) Antecedentes de feito:

Primeiro.-Mediante escrito de data 4-2-2000, Sofía Gómez García solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Deiro VI.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos:

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de compe

tencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, por proposta da resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada polo Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte

RESOLUCIÓN:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Alberto-Antonio González Gómez (35.454.108), da concesión administrativa do viveiro que se indica a continuación:

-Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Deiro VI.

Localización: 92 Cambados A.

Especies autorizadas: mexillón (M. galloprovincialis).

-Título habilitante:

Orde outorgamento: 29-2-1964.

Remate vixencia: 30-3-2004.

Actual titular: Sofía Gómez García (35.399.585) e José Mª González Rios (35.388.015).

Novo titular: Alberto-Antonio González Gómez (35.454.108).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 8 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120 do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Pontevedra