Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.726

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á publicación da relación de aspirantes que superaron o dito proceso selectivo.

De conformidade co previsto no punto 8 da base sexta B) da Resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación acadada, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas. A dita relación indicará as diferentes quendas de acceso, así como os aspirantes definitivamente seleccionados, elevando a dita relación á autoridade convocante.

Vistas polos respectivos tribunais tódalas reclamacións presentadas polos aspirantes contra a puntuación outorgada na baremación da fase de concurso, foron desestimadas aquelas que non dan lugar á modificación desa puntuación inicialmente asignada e, en consecuencia, adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a confirmación definitiva das puntuacións obtidas por tódolos opositores e a relación definitiva de aspirantes seleccionados que superaron o proceso selectivo citado, para os efectos da súa máxima facilidade de difusión procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia con indicación dos lugares onde están expostas as correspondentes listaxes, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que

RESOLVE:

Primeiro.-Publicar nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde e nos dos seus centros de xestión de atención primaria e especializada as relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) para o ingreso nas categorías de ATS/DUE, matrona, fisioterapeuta, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, auxiliar de enfermería, traballador social, logopeda, cociñeiro, celador e pinche.

Segundo.-Declarar definitivamente seleccionados os aspirantes incluídos, segundo a súa orde final,

no número total de prazas que se van cubrir que se especifica para cada unha das categorías na Resolución do 6 de marzo de 2000 (DOG nº 55, do 20 de marzo) de conformidade coa seguinte distribución:

CategoríaAcceso

libre

Promoción

interna

Reserva

discapacitados

Total

ATS/DUE5444715606

Matrona9312

Fisioterapeuta10111

T.E.L.2811241

T.E.R.145120

T.E.A.P.10111

Hixienista dental10111

Auxiliar enfermería364612382

Traballador social172120

Logopeda66

Cociñeiro131

14

Celador355412371

Pinche14115147

Terceiro.-Contra os acordos dos tribunais que se fan públicos coa presente resolución, poderá interpoñerse recurso de alzada ante este centro directivo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos