Vista a proposta de permuta de situación do predio nº 849, terra sobexa do proceso de concentración parcelaria de S. Martiño de Aríns (Santiago de Compostela), polo predio nº 848-1 propiedade de Jesús Neiro Aldrey, con traslación da primeira, desde a súa actual situación cara ó sur e a segunda cara ó norte, quedando así a nº 849 lindando co terreo parroquial para ser utilizada como zona de aparcadoiro para o cemiterio de S. Martiño de Aríns, e
Vista a conformidade de Jesús Neiro Aldrey, os informes emitidos pola Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola Asesoría Xurídica e a Intervención Delegada da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, así como os artigos 31 e 32 da Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a disposición transitoria cuarta da Lei 13/1988, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1989, a disposición transitoria terceira da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1992, ambas modificadoras da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais disposicións legais de aplicación ó caso.
Considerando que a citada permuta de situación de ambos predios ten como fin dotar dunha zona de aparcadoiro o cemiterio parroquial de S. Martiño de Aríns, o que suporía un evidente beneficio para a xeneralidade dos veciños,
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Permuta-la situación do predio nº 849 polo nº 848-1, o que supón o traslado do primeiro, desde a súa situación actual cara ó sur, e a segunda cara ó norte, a fin de que a finca nº 849 poida ser utilizada como aparcadoiro para o cemiterio parroquial de S. Martiño de Aríns (Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.
Cástor Gago Álvarez
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política
Agroalimentaria