Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 11 de xullo de 2000 Páx. 10.713

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de xuño de 2000 sobre integración definitiva nas escalas de informática creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro.

O Decreto 290/1995, do 3 de novembro, regula os procedementos de integración nas escalas de informática creadas pola Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992. Esta norma establece os requisitos esixidos para a integración nas devanditas escalas sinalando, ademais, que se levará a efecto trala superación dun curso de adaptación que se establecerá por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, rematando o procedemento, de conformidade co previsto no artigo 8 do devandito decreto.

Por Orde do 9 de marzo de 2000 determinouse a regulación e convocatoria do devandito curso, establecendo, no último parágrafo do artigo 4, que unha vez ponderado o grao de asistencia e a cualificación obtida, o director xeral de Organización e Sistemas Informáticos e o director da EGAP elevarán proposta conxunta dos funcionarios que se van integrar definitivamente nas escalas de informática á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Unha vez rematado o curso de integración e á vista da proposta efectuada, de conformidade co artigo 8 do Decreto 290/1995, esta Consellería da Presidencia e Administración Pública

DISPÓN:

Primeiro.-Integrar con carácter definitivo os/as funcionarios/as que se relacionan no anexo da presente orde, nas escalas de informática que en cada caso se sinalan.

A integración terá efectos desde o día seguinte ó da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-O persoal integrado continuará desempeñando os mesmos postos que ocupan na data de efectos da presente orde.

Terceiro.-A correspondente xefatura de persoal da consellería de destino expedirá a dilixencia de integración conforme á presente orde, da que se remitirá copia á Dirección Xeral da Función Pública desta consellería para os efectos de rexistro.

Cuarto.-O persoal que no curso non obtivo a cualificación de apto permanecerá integrado provisionalmente quedando aberta a súa participación á concorrencia de novas convocatorias que puidesen realizarse, segundo establece o terceiro parágrafo do artigo 4 da Orde do 9 de marzo de 2000.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Escala de sistemas e tecnoloxías da información

da Xunta de Galicia (grupo A)

DNIApelidos e nome

35.919.413Bianchi Valcarce, Mª Carmen

32.748.188Gómez Duaso, Juan M.

33.253.457Juanatey Mayán, Rafael Isaac

32.778.651Remuiñán Suárez, Jorge

32.645.731Vila López, Pedro

Escala de xestión de sistemas de información

da Xunta de Galicia (grupo B)

DNIApelidos e nome

76.409.278Armada Rodríguez, Juan Isaías

32.435.325Blasco García, Alfonso

7.770.215Mediavilla Cañibano, Jesús

36.021.602Paseiro Pardal, Enrique

33.198.601Ramos González, Fidel

76.341.257Castro Cuervo, Ramón

33.844.937Veiga Cando, Manuel

Escala técnica auxiliar de informática da Xunta

de Galicia (grupo C)

DNIApelidos e nome

34.253.289Albo García, Julián

76.340.527Blanco Canosa, Jesús

32.448.839Blanco Suárez, Laura Elviña

32.415.695Delgado Garrido, Enrique Ramón

35.441.684Docampo Regengo, Juan José

33.237.089Domínguez Pardo, Germán

32.424.120Durán García, Jaime Ramón

34.941.118Fernández Dabouza, Manuel Mauro

35.293.283Freijeiro Moure, Mª Teresa

76.354.975Gómez Louzao, Juan Carlos

34.968.266Gómez Ventosela, Ana Mª

21.419.641González Díaz, Mª Teresa

32.647.009González Seco, Concepción

33.243.549Mato Nieto, José R.

DNIApelidos e nome

34.961.977Pérez Pelayo, Javier

35.436.797Reboredo Vázquez, Ricardo A.

33.308.220Rey Rouco, Mª Josefa

33.860.475Zas Varela, Jesús Javier

76.856.818Pérez Dadín, Xoán M.

34.951.562Casasnovas Calvo, Manuel

33.271.644Nieves Becerra, Francisco Javier

33.310.205Conde Iglesias, Marina