Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.708

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO da apertura dun procedemento de contratación para a prestación do servicio de vixilancia.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a prestación do servicio de vixilancia.

O cadro de características no que figuran as condicións está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, avenida Monte da Condesa s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días hábiles de 9 a 15 horas.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia, ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador, no exterior do sobre deberá consta-la referencia: seguidade 2000. O prazo de presentación de ofertas rematará ás 15 horas do vindeiro 20 de xullo de 2000.

A apertura das proposicións económicas comunicarase oportunamente.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2000.

Roberto García Villaescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia