Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: establece-las condicións xerais para a realización dos documentos técnico-urbanísticos para a formulación dun Plan especial de infraestructura viaria dos previstos no artigo 26.2º a) da Lei do solo de Galicia (LSG) e 76.3º do Regulamento de planeamento urbanístico (RP) que propoña a ampliación da rede viaria no sector occidental do termo municipal, entre os accesos norte e sur da autorestrada A9, e a súa conexión coa rede existente.

Tipo de licitación: 11.600.000 ptas. (69.717,4 euros) IVE incluído.

Prazo de execución: o traballo efectuarase en varias fases sinaladas no prego de condicións.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro de quince días naturais, contados desde o seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela, Departamento de Contratación-Servicios. Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición.

D/Dª..... con enderezo en....., e DNI número....., actuando en nome propio ou en representación de....., con domicilio en..... toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a prestación da asistencia técnica....., e fai constar que coñece e acepta os pregos de cláusulas administrativas e técnicas e que se compromete a realiza-lo traballo de acordo con eles e polo prezo de..... pesetas.

O licitador.

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultáneamente ó anuncio de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

Luis Tojo Ramallo

Tenente alcalde