1. Entidade adxudicadora: Concello de Culleredo.
2. Obxecto do contrato: subministración de material de oficina con destino ó Concello de Culleredo.
a) Descrición: a que figura no prego de condicións.
b) Prazo de entrega dos pedidos: 2 días.
3. Tramitación: ordinaria.
4. Procedemento: aberto.
5. Forma: concurso.
6. Orzamento: 7.200.000 ptas.
7. Garantía provisional: 2% do orzamento.
8. Garantía definitiva: 4% do orzamento.
9. Obtención de documentación e información: Concello de Culleredo.
a) Enderezo: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).
b) Código postal e localidade: 15189 Culleredo.
c) Provincia: A Coruña.
d) Teléfono: 981 67 77 77.
e) Fax: 981 67 76 46.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo para presentación de ofertas.
10. Presentación de oferta: vinteseis días naturais, contados desde o derradeiro anuncio (BOP ou DOG).
11. Documentación que hai que presentar: a que figura no prego.
12. Lugar e hora de presentación: no rexistro xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas.
13. Apertura de ofertas:
a) Entidade: Concello de Culleredo.
b) Domicilio: Rúa do Concello nº 12 (Tarrío).
c) Localidade: Culleredo.
d) Data: o primeiro xoves hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de licitacións, e se fora inhábil, entenderase prorrogado ó xoves seguinte á mesma hora.
e) Hora: 13 horas.
14. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Culleredo, 2 de xuño de 2000.
P.D. (Resolución 22-10-1999; BOP do 13 de novembro)
Purificación Illobre Carbón
Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio
e Contratación