Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-3/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión do 23 de xuño de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización no S.R.A.U. Altamira-A Zapateira, presentado por Fadesa Inmobiliaria, S.A., se ben o documento deberá axustarse ás observacións que constan no informe do enxeñeiro de camiños municipal.

2. Previa á aprobación definitiva, a empresa deberá garanti-la execución das obras de urbanización por importe do 6% do orzamento, segundo o disposto no artigo 46 c do Regulamento de planeamento, o que supón constituír unha fianza polo importe de 44.945.555 ptas., 270.128,226 euros.

3. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, situado na Avenida da Mariña, 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

Os gastos de publiccación deste anuncio serán aboados por Fadesa.

A Coruña, 27 de xuño de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concejal delegado de Urbanismo