Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de la Propiedad Balnearia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 15 de maio de 2000 certificación expedida polo secretario da devandita asociación, José Ramón Fernández López, avalada co visto e prace do presidente, Antonio Freire Magariños, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade na reunión da

asemblea xeral ordinaria celebrada o día 17 de marzo de 2000, e que consiste na modificación de diversos artigos dos estatutos.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral Relacións Laborais