Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.693

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Galega de Investigadores en Comunicación (Asgic).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real Decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Galega de Investigadores en Comunicación (Asgic) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos doutores en Ciencias da Comunicación ou licenciados en Ciencias da Información.

Asinan a acta de constitución: Margarita Ledo Andión e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais