Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.690

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de xuño de 2000, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Paxareiras II-D (Ameixenda).

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de xuño de 2000, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal nomeado parque eólico Paxareiras II-D (Ameixenda).

2. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o plan eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Cee e Dumbría queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.»

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria