Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.689

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/98-2, 5438 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Pacios e San Mamede.

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: L.M.T. a C.T. Pacios de 109 m de lonxitude a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. L.M.T. a C.T. San Mamede de 91 m de lonxitude a 20 kV en conductor LA-56 sobre apoios de formigón. C.T. Pacios de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. de San Mamede de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en conductor R.Z. sobre apoios de formigón de 1.200 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 24 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo