Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 10 de xullo de 2000 Páx. 10.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón á inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A. (código 1501202), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-5-2000, e posteriormente rectificado con data 2-6-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, o día 3-5-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Tercero.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de xuño de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo El Pote, S.A. 2000

Artigo 1º

Este convenio establece as condicións de traballo entre El Pote, S.A. e os seus traballadores.

En todo o non previsto neste convenio observarase o disposto no Estatuto dos traballadores e no acordo

para a substitución da ordenanza do comercio, publicado no BOE do 9 de abril de 1996 pola resolución da Dirección Xeral de Traballo do 21 de marzo de 1996.

Artigo 2º

O convenio será de aplicación para os distintos centros de traballo que a empresa ten na Coruña e na súa provincia.

Artigo 3º

Afectará a tódolos traballadores pertencentes a esta, coa excepción dos altos cargos, de acordo co establecido no número un a) do artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º

A vixencia do presente convenio é de dous anos. Iniciarase a partir do 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2001.

Prorrogarase automaticamente se ningunha das partes o denuncia cun mes de antelación polo menos, ó termo da súa vixencia.

Artigo 5º

A clasificación do persoal será establecida na ordenanza laboral do sector, sendo a súa definición a reflectida nela. Así mesmo, mantéñense as categorías profesionais creadas no convenio nacional de grandes almacéns publicado no Boletín Oficial del Estado nº 307 con data do 23 de decembro de 1975.

Artigo 6º

A xornada de traballo queda establecida en corenta horas semanais, equivalentes a mil oitocentas quince (1.815) en cómputo anual. Non obstante, para as vendas especiais do Nadal, Reis, agosto e balances e outras datas de significación especial, prolongarase a xornada o tempo suficiente, retribuíndoo como horas extraordinarias que terán a consideración de horas estructurais. Todo o persoal fixo no 1 de xaneiro de 1991 que traballe os sábados pola tarde, librará a mañá do luns seguinte.

Artigo 7º.-Retribucións.

Os soldos base deste convenio, para o primeiro ano de vixencia, son os que figuran no anexo que se xunta, resultantes de aplicar un aumento do 3% ós de 1999 revisados.

O convenio revisarase con efectos do 1-1-2000 se o IPC do dito ano supera o 3% e na cantidade que supere a devandita porcentaxe.

Para o segundo ano de vixencia, incrementaranse os salarios de 2000 no IPC previsto para 2001 nos orzamentos xerais do Estado, engadíndolle o 0,5%.

O convenio revisarase con efectos do 1-1-2001 se o IPC real do dito ano supera o IPC previsto e na cantidade que supere a dita porcentaxe.

Artigo 8º.-Complemento persoal de antigüidade.

Durante a vixencia deste convenio, os aumentos por antigüidade estarán constituídos por cuadrienios do seis por cento sobre os soldos base do anexo que se xunta, coas limitacións establecidas no artigo 25.2º

do Estatuto dos traballadores na redacción da Lei do 20 de marzo de 1980. A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, comezando a devengarse desde o primeiro do mes no que se cumpra o período, se este ten lugar do un ó quince, e desde o primeiro do mes seguinte se este fose do dezaseis en diante. Esta mesma norma aplicarase tamén nos casos de ascensos.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Mantéñense as catro xa establecidas, é dicir, as de xullo, Nadal, beneficios e fomento á cultura, rateándose esta última en doceavas partes como se viña facendo. Cada gratificación estará constituída por trinta días do soldo base maila antigüidade, e o seu importe sera rateado en proporción ó tempo traballado.

Artigo 10º.-Complemento de distancia e transporte.

Para compensa-los gastos de locomoción que por estes conceptos se ocasionasen, a empresa aboaralle a cada traballador un complemento mensual de nove mil trescentas trinta e seis pesetas (9.336 ptas.) sen distinción de categorías, mesmo nos períodos de baixa por incapacidade laboral transitoria e durante as vacacións.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do mes, percibirá a parte proporcional dos días traballados. O referido importe obtense da aplicación dun 3% do incremento sobre o plus vixente no 1999.

Artigo 11º.-Seguro de accidente.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de accidente que cubra durante as 24 horas do día os seguintes riscos:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será dun millón duascentas mil pesetas (1.200.000 ptas.) en ámbolos casos.

Unha vez subscrita a póliza correspondente cunha compañía aseguradora, El Pote, S.A. non responderá subsidariamente, en ningún caso, do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí recollidos.

Artigo 12º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes na empresa que impliquen condicións máis beneficiosas do que as convidas, serán respectadas e non absorbidas. Serán non obstante absorbibles, as cantidades entregadas por conta deste convenio.

Artigo 13º

Salvo disposición legal en contrario, o contido económico deste convenio manterase inalterable durante 2000 e 2001.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais independentemente da categoría laboral de cada traba

llador por cada ano de servicio na empresa, liquidándose por ano natural, como se viña facendo.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano desfrutará ou se lle liquidará a parte proporcional que lle corresponda. O seu desfrute efectuarase en dous períodos, un de nove días no inverno e outro de vinteún (tres semanas) no verán; entenderase por meses de verán a partir do un de xuño ata o trinta de setembro e de inverno os restantes. Ó comeza-lo ano a empresa establecerá o calendario de quendas de cada período. As quendas serán confeccionadas por plantas, salvo o almacén e as oficinas que o farán no seu conxunto. Seguidamente e antes do 31 de xaneiro confeccionaranse os cadros de vacacións que non serán modificados salvo acordo entre as partes. O traballador que por causa imputable á empresa non puidese desfruta-lo período de vacacións de verán, percibirá, como compensación, unha bolsa de trinta mil (30.000) pesetas. Cando por causas alleas á vontade da empresa, como nos casos de enfermidade ou accidente, o traballador que non puidese desfruta-las súas vacacións no período

previsto, non se alterarán as quendas establecidas para os demais traballadores, e concederanllas noutras datas de común acordo coa empresa, sen que teña dereito a ningunha bolsa, calquera que sexa a época de desfrute, seguindo a norma destes últimos anos. As quendas de vacacións do verán comezarán sempre un luns aínda que este sexa festivo, pero para non alteralas, neste caso o traballador desfrutará un día noutra data que se fixará de común acordo entre as partes. Respecto ás do inverno, se o desfrute destas comezase un venres, o traballador non terá a obriga de reintegrarse ó traballo ata a xornada da tarde do luns na que comezaría a traballar. No tocante á elección das quendas, farase de forma rotatoria seguindo a norma do costume.

Artigo 15º.-Excedencia por maternidade.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, naturais, adoptados ou acollidos, contados desde a data do nacemento ou da resolución xudicial ou administrativa en caso de adopción ou acollemento.

Artigo 16º

As atribucións do comité de empresa serán en todo momento as establecidas pola lei.

Artigo 17º

Constitúese unha comisión paritaria composta por Luis Conde Gogorza e Miguel Calderón Acero por parte da empresa, e Gloria Liñeira Martínez e Javier Buján Chamorro pola dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, na aplicación ou interpretación deste convenio.

Artigo 18º

En todo o que non se regule neste convenio, observarase o disposto na lexislación xeral do traballo e especialmente, no Estatuto dos traballadores e o acordo para a substitución da ordenanza de comercio,

publicada no BOE do 9 de abril de 1996 por resolución da Direccion Xeral de Traballo, do 21 de marzo de 1996.

Artigo 19º.-Premio de xubilación anticipada.

A empresa aboaralles un complemento de xubilación ós traballadores que con dez anos de antigüidade, como mínimo, nesta se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 16 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 13 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 10 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 7 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 3 mensualidades de salario e antigüidade.

Para a súa percepción, solicitarase antes de cumpri-la idade correspondente. Nas xubilacións ós 60, 61, 62 anos a empresa poderá fracciona-lo pagamento en tres mensualidades.

A partir dos 65 anos a xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador ó inicia-lo traballo, dúas fundas ou pezas de roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

Estas pezas de roupa serán renovadas a medida que o uso as deteriore; en calquera caso, a empresa entregaralles unha nova cada ano.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Ademais dos establecidos na lexislación vixente, os traballadores terán dereito a un día por asuntos propios logo da solicitude á empresa. Este día non será acumulable ás vacacións.

ANEXO I

Táboas salariais 2000

CategoríasSalarios

ano 2000

Cómputo

anual

Director157.4352.631.000
Xefe de división139.9352.350.991
Xefe de centro ou sucursal122.3102.068.998
Xefe de sección111.2441.891.940
Dependente maior101.7811.740.540
Dependente 25 anos94.2561.620.138
Dependente 22 anos91.5561.576.930
Dependente con menos dun ano na empresa87.4381.511.048
Axudante87.4381.511.048
Oficial 1ª administrativo101.5921.737.504
Oficial 2ª administrativo94.2561.620.138
Auxiliar administrativo88.9791.535.705
Decorador111.2441.891.940
Axudante decoración e publicidade94.2561.620.138
Escaparatista110.1481.874.406
Montador de escaparates94.2561.620.138

CategoríasSalarios

ano 2000

Cómputo

anual

Profesional de oficio de 1ª94.2561.620.138
Profesional de oficio de 2ª91.5561.576.930
Mozo88.9791.535.705
Complemento de transporte9.336