Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 07 de xullo de 2000 Páx. 10.577

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 181/2000, do 22 de xuño, polo que se dispón a substitución de representantes da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo no Consello Social da citada universidade.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e a forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade nesa institución.

Na Universidade de Vigo producíronse as baixas como representantes da Xunta de Goberno desa universidade no Consello Social de Alejandro V. Gómez Soler e Víctor M. Martínez Cacharrón, e a súa substitución, respectivamente, por Juan Carlos Carpintero Sánchez e Gonzalo Marino González.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada Lei autonómica 5/1987, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, dada a designación presentada polo organismo correspondente, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Vigo a Juan Carlos Carpintero e a Gonzalo Marino González en representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo.

Estas persoas substitúen, respectivamente, e polo mesmo concepto, a Alejandro V. Gómez Soler e a Víctor M. Martínez Cacharrón, que cesan como membros da Xunta de Goberno do Consello Social da Universidade de Vigo, agradecéndolle-los servicios prestados.

Disposición derradeira

Única.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintedous de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria