Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de reforma do de urbanización de praza pública na rúa Loureiro Crespo, números 22 e 24.

A Comisión de Goberno, en sesión do 19 de xuño do 2000, prestou aprobación, con carácter inicial, á reforma do proxecto de urbanización, aprobado polo Pleno da Corporación o 27-6-1996, da futura praza pública que se situará á altura dos números 22 e 24 da rúa Doutor Loureiro Crespo, promovido mediante iniciativa particular por Roprovisa, S.L. e outros propietarios de inmobles afectados pola futura praza, fundamentándose esta modificación nos planos M.1 e M.2, subscritos polo arquitecto Rafael Vázquez Abal, con visado colegial de 29-3-2000, que anulan e reforman a documentación correlativa do proxecto aprobado, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.

Pontevedra, 27 de xuño do 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral