Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LÁNCARA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Láncara.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan xeral de ordenación municipal de Láncara.

3. Tramitación: ordinaria; procedemento: aberto; forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: base da licitación: 4.192.000 pesetas.

5. Garantías: provisional: 83.840 pesetas.

6. Garantía definitiva: 167.680 pesetas.

7. Obtención de documentación e información: Casa do Concello de Láncara: Rosalía de Castro,

A Pobra de San Xiao -Láncara (Lugo), Tlfo./Fax: 982 54 30 77. Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

9. Presentación de ofertas: durante 26 días naturais seguintes ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 10 ás 13 horas.

-Documentación: a establecida no prego de condicións.

-Lugar de presentación: o mesmo que figura no punto 6 deste anuncio.

-Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas: no salón de plenos do concello, ás 10 horas do décimo día hábil seguinte, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

11. Custos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Láncara, 19 de maio de 2000.

Eladio Capón López

Alcalde