Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Pardiñas, Carballo (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Pardiñas. Carballo (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: 18 semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 128.776.147 pesetas, IVE incluído (773.960,23 euros).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención da documentación.

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Requisitos específicos do contratista.

8.1. Clasificación:

Grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría E.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente