Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente C-160/1999, incoado por infracción á Lei de caza e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (DOG do 11 de xullo).

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notifica

ción, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 24 de maio de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: C-160/1999.

Denunciado: Cándido Paz Seoane.

DNI: 33.847.842.

Enderezo: r/ Romeán, nº 19-Vilalba-Lugo.

Feito denunciado: transportar no interior dun vehículo matrícula C-5708-W, marca Renault 6 GTL, unha escopeta desenfundada e lista para o seu uso aínda que descargada en época hábil, así como non leva-la guía de pertenza da mencionada arma. Feitos constatados o día 19-12-1999, ás 12.20 h no Monte Catarosa-Árbol. Vilalba. Lugo.

Precepto sancionador: 57.4º; 57.33º da Lei 4/1997.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 30.000 pesetas de multa.