Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.549

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salgado, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa D.S. Salgado, S.L., con nº de código 3600512, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 15-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobe rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de xuño de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio da empresa D.S. Salgado, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

Este convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa D.S. Salgado, S.L., que ten o seu

domicilio en Vilagarcía de Arousa, e a todo o seu persoal que estea a presta-los seus servicios nela, así como ós que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano, e entran en vigor o día da súa sinatura, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas neste convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo ós que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o interese deles e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas conforme as seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que esta exporá con tempo ós seus traballadores cómo terán que desfrutalas no ano seguinte, segundo o criterio e as necesidades da empresa e dos traballadores, non podendo ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no curso do ano terá dereito á parte proporcional de vacacións a razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes e descendentes.

c) Enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o matrimonio e ata de tres días nos demais

casos. En casos excepcionais, poderánselles conceder licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e a antigüidade, nos meses de xullo a decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Servicio militar.

O persoal comprendido neste convenio ten dereito a que se lle respecte o seu posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar. Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando os seus servicios na empresa, ó tempo da incorporación ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe das gratificacións extraordinarias fixas de xullo e decembro.

Artigo 10º.-Roupas de traballo.

A empresa está obrigada a facilitarlles ós seus empregados as roupas de traballo necesarias para cada función, unha cada ano. O seu uso e a conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 11º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal comprendido neste convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor estea clasificado.

Artigo 13º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador, cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a lles proporcionar ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

Para levar a bo termo estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria, integrada por Ramón Somoza Rodríguez e Guillermo Guillán Iglesias, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores e Antonio Pérez del Oro e Alberto Pérez Fontán en representación da empresa.

Artigo 15º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

ANEXO

Táboa de salarios

CategoríasAnterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

Director xerente126.120132.4266.621

Persoal administración
Xefe administrativo103.480108.5665.433
Aux. Admón. ou operador de Maqui. Contab.83.75587.9454.397
Axudante Admón. ou operador de Maqui. Contab.83.00087.1504.357
Auxiliar de caixa83.00087.1504.357
Aspirante de 16 a 18 años69.40072.870

Persoal mercantil
Xefe de compras102.185107.2955.365
Xefe de vendas102.185107.2955.365
Xefe de almacén102.185107.2955.365
Dependente maior91.19095.7504.788
Dependente84.83089.0724.454
Axudante32.56586.6934.335
Aprendiz 1ª69.40072.870
Aprendiz 2ª69.40072.870
Preparador de pedidos84.83089.0724.454
Viaxante81.38085.4504.273

Persoal de servicios
Chófer repartidor84.83089.0724.454
Mozo especializado83.75587.9454.397
Mozo83.00087.1504.357
Pro. Ofi. 3ª83.00087.1504.357