Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 4CCP/2000, que ten por obxecto a adquisición de apósitos e outros.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos; e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña; rúa Durán Loriga, nº 3.

c) Número de expediente: 4CCP/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de apósitos e otros.

Lotes:

A. Apósitos transparentes.

B. Apósitos de protección.

C. Compresas tocolóxicas.

D. Algodón.

E. Calzóns elásticos de fixación.

F. Estribeira de algodón con escuma.

G. Colar tipo Filadelfia.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 30, do 14 de febreiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 27.934.788 ptas. (IVE incluído) (vintesete millóns novecentas trinta e catro mil setecentas oitenta e oito pesetas) (167.891,457 euros).

5. Adxudicacións:

a) Data: 8 de xuño de 2000.

b) Contratistas:

Lotes A: 3M España, S.A. Juan I Luca de Tena, 19-25, Madrid.

Lotes B e E: Unitex-Hartmann, S.A. Polígono industrial Pla d'en Boet II. Carrasco I Formiguera, 48. 08302 Mataró (Barcelona).

Lotes C e D: Indas, S.A. Camino de las Huertas, 2. Pozuelo de Alarcón (Madrid).

Lote F: Prosaga, S.L. Polígono de Pocomaco, parcela G 13. A Coruña.

Lote G: deserto.

c) Nacionalidades:

d) Importe da adxudicación: 22.661.279 ptas. (136.197,030 euros).

Lote A: 8.165.550 ptas. (49.075,944 euros).

Lote B: 7.883.004 ptas. (47.377,808 euros).

Lote C: 2.184.000 ptas. (13.126.104 euros).

Lote D: 2.629.700 ptas. (15.804,815 euros).

Lote E: 507.000 ptas. (3.047,181 euros).

Lote F: 1.292.025 ptas. (7.765.227 euros).

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña