Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 5CCP/2000, que ten por obxecto a adquisición de esparadrapos.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos; e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña; rúa Durán Loriga, nº 3.

c) Número de expediente: 5CCP/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de esparadrapos.

Lotes:

A. Esparadrapo autoadhesivo.

B. Esparadrapo de tea.

C. Esparadrapo de papel.

c) Anuncio de licitación publicado no DOG nº 30, do 14 de febreiro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 8.367.433 ptas. (IVE incluído) (oito millóns trescentas sesenta e sete mil catrocentas trinta e tres pesetas) (50.289,285 euros).

5. Adxudicacións:

a) Data: 8 de xuño de 2000.

b) Contratistas:

Lote A: Beiersdorf, S.A. Estrada Mataró-Granollers km 5,4. 08310 Argentona (Barcelona).

Lote B: deserto.

Lote C: 3M España, S.A. Juan I Luca de Tena, 19-25, Madrid.

c) Nacionalidade:

d) Importe da adxudicación: 5.974.666 ptas. (35.908,466 euros).

Lote A: 112.150 ptas. (674,034 euros).

Lote C: 5.862.516 ptas. (35.234.431 euros).

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña