Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Energía de Galicia, S.A. (Engasa), denominado P.E.E. Engasa.

Examinado o expediente instruído a pedimento de Energía de Galicia, S.A. (Engasa) con enderezo para efectos de notificacións na Rúa de Londres nº 11-B baixo (As Fontiñas) Santiago de Compostela, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Energía de Galicia, S.A. (Engasa), esta consellería ten en conta os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primero.-O 20 de abril de 1999, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, se aproba

o plan eólico estratéxico de Energía de Galicia, S.A. (Engasa) denominado P.E.E. Engasa que se publica en Diario Oficial de Galicia o 1-9-1999 coas seguintes características básicas:

-6 áreas.

-Potencia: 50 MW.

-Prazo de execución: 10 anos.

Investimento total: 7.500 millóns de pesetas.

Segundo.-Con data do 8 e 16 de outubro de 1999, 2 e 16 de novembro de 1999, 2 e 2 de decembro de 1999 Benito Fernández González, en nome e representación de Engasa, NIF A-15046907 solicitou a aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Engasa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o seu artigo 5, en competencia durante o período de información pública respectivamente con: Energías e Recursos Ambientales S.A., Energías Renovables Costa Coruña S.A., Elecnor S.A., Abeconser S.L., Virandel S.L. e Unión Fenosa Energías Especiales S.A.

Terceiro.-As peticións sometéronse a información pública, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, publicándose no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia polos citados promotores nas datas que se detallan:

PromotorResoluciónDOGBOE

Energías y Recursos Ambientales S.A.18-8-199915-9-199914-9-1999
Energias Renovables Costa Coruña, S.L.8-9-199923-9-199924-9-1999
Elecnor, S.A.17-9-19998-10-199925-10-1999
Abeconser, S.L.15-9-199922-10-199926-20-1999
Virandel, S.L.22-10-199912-11-199912-11-1999
Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.27-9-19999-11-199917-11-1999

As características principais da ampliación do P.E.E. Engasa que foron sometidas a información pública son:

P.E.E. en competencia con Energías e Recursos Ambientales, S.A.

NomeProvinciaMunicipiosXY

Montes da TieiraA CoruñaCesuras, Curtis, Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Mesía566.000

581.500

581.500

566.000

4.777.500

4.777.500

4.767.000

4.767.000

Couto do EspiñoPontevedraA Estrada, Silleda, Forcarei, Cerdedo548.000

550.000

550.000

548.000

4.730.000

4.730.000

4.711.500

4.711.500

Serra da FrachaPontevedraSoutomaior, Ponte Caldelas, Vilaboa, Pontevedra537.000

537.000

534.000

531.500

4.696.000

4.689.500

4.689.500

4.696.000

NomeProvinciaMunicipiosXY

Serra de OrreaPontevedraAgolada, Lalín582.000

584.000

573.500

573.500

4.739.000

4.734.000

4.734.000

4.739.000

Montes da PoradantaPontevedraCovelo, A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño, Mondariz559.000

552.300

547.000

559.000

4.679.500

4.679.500

4.663.500

4.663.500

P.E.E. en competencia con Energías Renovables Costa Coruña, S.L.

NomeProvinciaMunicipiosXY

VilabadeA CoruñaTordoia

Carballo

Val do Dubra

Trazo

Cerceda

537015

535198

535074

535000

526377

527002

527002

534000

538000

4776657

4776598

4777951

4778000

4772251

4772001

4770998

4764000

4776000

Coto XesteiroPontevedraPazos de Borbén

Mondariz

Fornelos de Montes

538000

543000

543000

538000

4687000

4687000

4678001

4678001

Monte CastreloPontevedraPonteareas

O Porriño

Redondela

Mondariz

Soutomaior

533500

538000

538000

533500

4687000

4687000

4678001

4678001

P.E.E. en competencia con Elecnor, S.A.

NomeProvinciaMunicipiosXY

P.E. BujánA CoruñaSantiago de Compostela

Val do Dubra

Trazo

Tordoia

Carballo

527000

535000

533000

538000

535000

527000

4772000

4775000

4770000

4757000

4757000

4766000

P.E. Monte AgudoA CoruñaCarballo e Laracha528300

530850

535800

536200

530500

4795000

4796400

4794750

4789550

4791800

P.E. SilleiroPontevedraBaiona508400

513500

513500

509400

4662450

4662450

4659200

4659200

P.E. Montes do boceloA CoruñaBoimorto

Melide

Sobrado

Toques

574000

583000

585000

580000

570000

574000

4765000

4765000

4759000

4753000

4761000

4761000

P.E. ReboredoA CoruñaAranga

Betanzos

Cesuras

Oza dos Ríos

Coirós

Mesía

Curtis

567000

575000

571000

570000

564000

4790000

4784000

4776000

4776000

4781000

P.E.E. en competencia con Abeconser, S.L.

NomeProvinciaMunicipiosXY

BoceloA CoruñaBoimorto, Sobrado, Toques, Melide571.600,0

582.500,0

582.500,0

571.600,0

4.765.200,0

4.765.000,0

4.756.900,0

4.757.000,0

Monte XiabrePontevedraCaldas de Reis, Catoira, Vilagarcía de Arousa521.000,0

527.000,0

527.000,0

521.000,0

4.720.000,0

4.722.000,0

4.718.000,0

4.718.000,0

NomeProvinciaMunicipiosXY

Monte ArcaPontevedraA Estrada, Curtis537.000,0

543.000,0

543.000,0

537.000,0

4.723.000,0

4.723.000,0

4.720.000,0

4.718.000,0

TordoiaA CoruñaTordoia, Laracha, Cerceda, Coristanco, Val do Dubra, Trazo522.000,0

522.000,0

534.500,0

535.200,0

541.400,0

542.400,0

531.472,0

527.000,0

4.774.000,0

4.784.200,0

4.784.200,0

4.776.600,0

4.776.800,0

4.765.858,0

4.760.300,0

4.772.000,0

MazaricosA CoruñaSanta Comba, Zas, Mazaricos, Muros, Outes, Negreira517.000,0

511.500,0

507.000,0

498.000,0

498.000,0

499.000,0

498.330,0

497.000,0

506.000,0

506.000,0

509.000,0

511.000,0

4.769.000,0

4.753.500,0

4.743.000,0

4.743.000,0

4.744.000,0

4.745.000,0

4.751.700,0

4.756.000,0

4.763.000,0

4.764.000,0

4.764.000,0

4.769.000,0

CregosPontevedraA Estrada, Silleda, Forcarei, Cerdedo546.000,0

555.000,0

555.000,0

546.000,0

543.273,5

4.729.748,5

4.729.748,5

4.710.000,0

4.710.000,0

4.714.361,5

SalgueirónPontevedraSoutomaior, Redondela, Mos, Pazos de Borbén, Ponteareas533.212,0

539.322,0

540.000,0

533.212,0

4.688.114,0

4.688.114,0

4.678.000,0

4.678.011,0

P.E.E. en competencia con Virandel, S.L.

NomeProvinciaMunicipiosXY

Coto AgudoPontevedraVilaboa531960

537120

537120

531960

4696410

4696410

4689360

4689360

Montouto e Chan de PadrónPontevedraAs Neves, A Cañiza, Arbo551800

557970

557970

556340

556340

550010

550010

551800

4680640

4680640

4670150

4670150

4663990

4663900

4672480

4672480

Montes de ParadantaPontevedraAs Neves, Salvaterra de Miño, Ponteareas, Mondariz, Covelo 545460

551800

551800

550010

550010

545460

4676230

4676230

4672480

4672480

4663900

4663500

P.E.E. en competencia con Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

NomeProvinciaMunicipiosXY

As NevesPontevedraAs Neves, Salvaterra de Miño, A Cañiza, Arbo549.000

558.000

558.000

554.500

547.500

547.500

4.670.000

4.670.000

4.665.000

4.661.500

4.661.500

4.666.000

MontoutoPontevedraA Cañiza, Covelo, Mondariz, Salvaterra de Miño553.000

558.500

558.000

549.000

4.680.000

4.680.000

4.670.000

4.670.000

XiabrePontevedraVilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Catoira522.000

528.000

528.000

520.000

4.722.000

4.722.000

4.718.000

4.718.000

Coto do CodesasA CoruñaBoimorto, Melide, Sobrado, Toques577.000

585.000

585.000

584.000

577.000

4.763.000

4.763.000

4.761.500

4.758.000

4.758.000

Durante o prazo de información pública dos plans anteriores, presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Acciona Eólica de Galicia, S.A.

2. Made Energías Renovables, S.A.

3. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

4. Energías Renovables Costa Coruña, S.L. (Ercco).

5. Energías y Recursos Ambientales, S.A.

6. Virandel, S.L.

7. Carrocerias Leonesas, S.L.

8. Planta Eólica de Galicia, S.A.

9. Elcnor, S.A.

10. Hidroeléctrica de Ourol, S.L.

11. Fomensa Hispania, S.L.

Cuarto.-O 3 de abril de 2000, a empresa Engasa presentou ante esta dirección general escrito de renuncia ás seguintes áreas: Pinzás (Tomiño) e O Curro (Cotobade), dado que dos resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 20 de abril de 1999 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa Engasa solicitou a substitución das áreas de investigación Pinzás (Tomiño) e O Curro (Cotobade), de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte e enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas.

Do exposto extráese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado terceiro da resolución pola que se aproba o plan eólico estratéxico da solicitante, téndose comprobado que as áreas denominadas: Pinzás (Tomiño) e O Curro (Cotobade) son inviables desde un punto de vista técnico, considérase procedente substitui-las devanditas áreas pola denominada Cotoagudo, coas coordenadas que veñen determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedendo á empresa Engasa autorización para realizar investigacións nesta.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 6 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 50 MW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aproba-la modificación do plan eólico estratéxico P.E.E. Engasa referido á área recollida no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 15 MW, en substitución das áreas Pinzás e O Curro sobre as que efectúa renuncia a titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas,

á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Engasa sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico outórgase segundo as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución desta aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico.

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Engasa deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Terceira.-A empresa Engasa, participará na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será a comprometida polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-Engasa poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación, logo de autorización e coas condicións que impoña a Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras de instalación de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contados desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de

que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no P.E. estratéxico

NomePotenciaProvinciaMunicipiosXY

Coto Agudo15 MWPontevedraVilaboa, Pontevedra, Ponte Caldelas, Cotobade, Soutomaior535.000

535.000

536.500

536.500

540.000

540.000

537.000

531.000

531.000

4.689.500

4.691.250

4.691.250

4.690.000

4.690.000

4.698.000

4.698.000

4.696.000

4.689.000